O'Marisquiño quere premiar aos usuarios da súa web máis activos, por iso, se queres gañar unha das cinco entradas que regalan para ver a Public Enemy só tes que seguir os seguintes pasos:
- Se non estás rexistrado na web de O'Marisquiño, faino xa neste enlace.
- Os usuarios rexistrados tendes que encher o formulario para confirmar a vosa participación no ranking (Quen non encha o formulario non poderá ser gañador das entradas!)
- Permanecer activos na Zona Community de O'Marisquiño para conseguir puntos e estar entre os cinco primeiros, que levaran unha entrada cada un para ver o espectáculo.
E agora explicámosvos como conseguir puntos para estar no máis alto do ranking:
- Subir fotos: 1 punto cada foto
- Engadir vídeo: 2 puntos
- Comentar fotos/vídeos/perfís: 2 puntos.
- Engadir aplicación: 5 puntos
- Engadir amigos: 3 puntos.
- Actualizar estado: 1 punto
- Actualizar imaxe de perfil: 2 puntos
- Enviar/responder mensaxes: 2 puntos
- Compartir en redes sociais: 3 puntos.
Se xa estás rexistrado na web de O'Marisquiño podes facer click en ler máis para saber como conseguir as entradas e ver o ranking actual de usuarios.
Recordámosvos que o concerto de Public Enemy será no auditorio de Castrelos, en Vigo, o 5 de agosto.