O'Marisquiño preséntase en sociedade

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
28/07/2010

O festival de deportes e cultura urbana O'Marisquiño presenta en sociedade este xoves 29 de xullo a súa décima edición. Será nunha rolda de prensa ás 10.30 horas na Sala de Prensa do Concello de Vigo.  Alí os seus responsables darán a coñecer os detalles da que promete ser a máis potente de todas as celebradas ata o de agora.

E para comezar, adiantámosvos que a semana de O'Marisquiño comeza este sábado 31 de xullo co Ciclo de Cinema de documentais urbanos, onde se proxectarán distintas películas sobre a cultura urbana e as súas distintas vertentes.

Non esquezades que o 5 de agosto arranca oficialmente este novo certame de O'Marisquiño co concierto de Public Enemy en Castrelos.