E chegou o día… os 4 primeiros nomes do 981festival!!!

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
24/05/2010

Gilles Peterson, Theo Parrish, Hudson Mohawke e Crystal Fighters no 981festival 2010!!!

E chegou o día… os 4 primeiros nomes do 981(2010) volven deixar claro os principios do festival (artistas consagrados da man das propostas máis anovadoras)…

Entre os primeiros, encabeza a lista un dos nomes de referencia da escena inglesa dos últimos 20 anos. Trátase de Gilles Peterson, dj, locutor da BBC, promotor e dono de selos emblemáticos como Acid Jazz ou Talkin’ Loud. Falar del é facelo de toda unha institución da música de baile e, por isto, é un privilexio darlle a benvida ao 981.

Cruzando o charco e acabados de chegaren de Detroit aparece o noso segundo nome, pode que unha das maletas máis exquisitas se falamos de house… Theo Parrish chegará por primeira vez a Galicia da mano do 981 e os seus cada vez máis exclusivos sets (un dos seus últimos en España foi no Sonar 2008), fan da súa presenza unha das apostas fortes da sexta edición.

E claro, agora toca a quenda deses nomes que son e serán o noso orgullo durante o 2010… o primeiro, un WARP KID (Deus, que ten este selo que non falla nunca!!!), Hudson Mohawke leva dando guerra dende os 15 anos e é xunto coa Flying Lotus e Rustie un dos nomes chave para entendermos esa mestura de funk e wonky que está a reventar as pistas de medio mundo. O Sonar xa lle botou o ollo e será un dos nomes importantes da súa edición do 2010 en Barcelona… polo que os que non viaxen á Cidade Condal, teñen a súa oportunidad no 981.

O “derradeiro dos primeiros” pertence a un dos nosos selos de cabeceira, ese que foi enchendo o 981 de gloria edición tras edición (Autokratz, Kap Bambino, We Have Band, Shinichi Osawa…), dende o selo KITSUNÉ chegan uns navarros (si, lestes ben) afincados en Londres e que están a ser “última sensación” da capital británica.

O seu nome é Crystal Fighters e o seu “I Love London” leva camiño de se converter en himno… para colmo, xa lucen palmito en festivais da talla de Glastonbury, Isle Of Wight, Creamfields ou como cabezas de cartel de salas emblemáticas como o KOKO de Londres… Estes son os nosos primeiros 4 nomes dunha longa lista que acabará dando forma ao line up da SEXTA.

Nos próximos días iremos ampliando a información sobre cada un dos artistas confirmados e proximamente  se daranse a coñecer máis nomes a través do blog.981festival.com

 Multimedia

981festival
  • See video