Galicia ao vivo

Printer-friendly versionSend to friendPDF version

Apostar pola música en directo como un dos principais produtos de reclamo da industria do ocio galego. Ese é o propósito de Galicia ao Vivo, a iniciativa do Xacobeo para apoiar, promover e proxectar dentro e fóra de Galicia unha ducia de festivais musicais do máis diverso.

A idea é xerar sinerxías entre todas as partes para impulsar e consolidar un circuíto de festivais en Galicia enfocado a todos os públicos e que transcenda o Ano Santo. Para isto, o Xacobeo 2010 colabora na financiamento de 12 eventos, aos que presta a súa marca para fortalecer a promoción fóra do propio contorno de Galicia, respectando ao máximo a personalidade de cada festival a través de campañas en medios de xeneralización e especializados en toda España, en soportes tradicionais e electrónicos.

Na escolla destes festivais pesaron criterios como a súa antigüidade, a integración de diferentes estilos musicais, o nivel de convocatoria de público e a localización e resultados. Folk, pop, rock, jazz, blues, electrónica, músicas do mundo… Os festivais que forman parte de GALICIA AO VIVO ofrecen una variada oferta musical por todo o territorio galego. Agardámosvos!

 Multimedia

Ao Vivo
  • See video