Xacobeo patrocina os festivais de música de Galicia.
"Galicia ao Vivo, a iniciativa do Xacobeo para apoiar,
promover e proxectar dentro e fóra de Galicia
unha ducia de festivais musicais do máis diverso."
Cultura urbana con moito son
Santiago de Compostela acolle un dos eventos máis importantes do Norte da Península dentro da escena do hip hop, o Microfest, que este outono chega á súa oitava edición. O festival de cultura urbana máis consolidado de Galicia aposta sempre por un programa variado e heteroxéneo, tanto pola multitude de actividades que se desenvolven coma pola confluencia de artistas consolidados de grande éxito. Todos os concertos terán lugar na Sala Capitol, a partir das 21.00 horas.
Para esta edición, enmarcada nos eventos destacados do Xacobeo 2010, Microfest e a web Galiciaflow.net impulsaron a edición do CD “Galiciaflow VOL.1”, que compila 20 cancións co mellor e máis actual do panorama rap en Galicia.
Microfest comezará o 12 de novembro cun dos artistas galegos más representativos da escena hip hop, Rack Eterno, que trae os novos temas do seu traballo “El Asesinato de la Creación”. A el súmase ese día o sevillano Tote King, un dos máis respectados rapeiros de España, que presenta “El Lado Oscuro de Gandhi”.
Na segunda xornada, o 26 de novembro, proxectarase en Arteria Noroeste, ás 16.00 horas, o documental "Días de asfalto y tinta", un percorrido polo pasado, presente e futuro do hip hop que lanzou a revista Hip Hop Life con motivo do seu primeiro aniversario. A continuación, celebrarase un foro con Dobleache, David Moreu e El Galgo.
Xa pola noite actuarán o trío valenciano Cookin Soul xunto cun animador de luxo, Mbaka; o rapeiro coruñés El Pablo Ese, que presenta "A mi madre le gustan mis raps"; a banda de Santiago de Compostela 504, que chega co seu LP homónimo; e Shelar & Erin, dous dos principais referentes da escena hip hop compostelá e galega, que agora asocian o seu talento para esta nova edición do Microfest.
A última xornada, o 27 de novembro, comezará en Arteria Noroeste cun obradoiro de letras de rap impartido por El Chojín, un dos artistas máis coñecidos e representativos do rap en España. Este obradoiro está pensado para fomentar valores coma o respecto, a autoestima e a non violencia. A participación é gratuíta para todos os posuidores do bono Microfest, previa inscrición en info@microfest.net
Os encargados de clausurar Microfest na Sala Capitol serán o madrileño Swan Fyahbwoy, revelación da escena reggae/dancehall e fundador do colectivo Madrid Dancehall Crew; e Seis Senseis, grupo de A Coruña que presenta “Don’t stop the rap”, un maxi composto por tres cancións, que estará en descarga libre na internet.
Datas: 12, 26 e 27 de novembro
VENDA DE ENTRADAS
BONOS 3 DÍAS. Precio: 20* € SÓ ON-LINE EN WWW.MICROFEST.NET
12 NOV. Anticipada 12* € | Despacho de billetes 16 €
26 NOV. Anticipada 5* € | Despacho de billetes 10 €
27 NOV. Anticipada 8* € | Despacho de billetes 10 €
*gastos de distribución non incluídos
Á venda en:
www.microfest .com
www.laboleteria.es
Santiago DC: Gong Discos, Fat Fly
A Coruña: Portobello
Pontevedra: Tipo
Vigo: Elepé, Tipo
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Cartel [jpg] | 135.97 KB |
| Programa completo [pdf] | 321.44 KB |
Non se atoparon resultados para a busca solicitada.
Mai |
11/05 , 26/05 |
Xuño |
17/06 , 18/06 |
27/06 |
Xullo |
04/07 , 14/07 , 17/07 |
15/07 - 16/07 |
19/07 - 24/07 |
Agosto |
04/08 - 08/08 |
13/08 |
08/08 - 28/08 |
Setembro |
16/09 - 18/09 |
Outubro |
10/10 , 18/10 , 22/10 |
15/10 |
Novembro |
07/11 , 15/11 , 17/11 , 30/11 |
14/11 - 19/11 |
11/11 - 26/11 |
Decembro |
02/12 , 18/12 |
Código de cores de provincia:
|
© 2011 Xacobeo · xacobeoweb@xacobeo.org
Comentarios
Enviar un novo comentario